Tuesday 21 de May de 2024

Ordes inaugura a mostra fotográfica ‘Galicia Máxica’


O Museo do Traxe acolleu este acto aberto a todos os veciños e veciñas. As máis de 170 imaxes estarán expostas ata o vindeiro 8 de maio

O Museo do Traxe Juanjo Liñares inauguraou o xoves, 21 de abril, ás 20 horas, a mostra fotográfica ‘Galicia Máxica’. Trátase dunha interesante colección composta por máis de 170 imaxes que poderá visitarse de balde ata o 8 de maio. O Concello de Ordes convida a todos os veciños e veciñas que o desexen a acudir mañá á esta cita.
‘Galicia Máxica’ sintetiza o traballo etnográfico realizado polo investigador danés Gustav Henningsen na comarca ordense entre os anos 1965 e 1968. A mostra vén de pasar, entre outros, polo Museo do Pobo Galego, lugar onde o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, tivo ocasión de coñecer persoalmente ao autor. Precisamente deste encontro partiu a idea de achegarlles a todas e todos os ordenses este traballo. Unha iniciativa que cobra vida precisamente na fin de semana na que se celebra ExpoOrdes 2016, polo que se conta cunha grande afluencia de público, o cal poderá desfrutar desta mostra.